Apelan a Augas de Galicia para resolver o asentamento chabolista de Ponte do Couto
Por Alejandro Espiño
A solución definitiva ao asentamento chabolista de ponte do Couto está en mans de Augas de Galicia. Así o asegurou o concelleiro de Ordenación do Territorio, César Mosquera, confirmando o avanzado a PontevedraViva pola súa compañeira Carmen Fouces, responsable de Benestar Social. Ambos os dous apuntan a que a continuidade do paseo fluvial do Gafos por esa zona contribuiría a resolver esta problemática.
César Mosquera afirmou que o ente autonómico se comprometeu, xa en xuño de 2012, a redactar este proxecto. Para colaborar na recuperación deste ámbito, o Concello de Pontevedra estaba disposto a asumir o custo da expropiación dos terreos, actualmente cualificados como zona verde. Por iso, celebrou a denuncia pública realizada por Amigos do Camiño Portugués e Vaipolorío, por se axuda a "darlle impulso" a esta iniciativa.
Este tipo de xente, afirmou, non adoita situar os seus asentamentos en lugares onde haxa un tránsito habitual de persoas. E por iso, dende o Concello de Pontevedra entenden que se os terreos que ocupan pasar a ser de dominio público, optarán por marchar.
Dende o goberno municipal recoñecen que este proxecto "non vai ao ritmo e velocidade que nos gustaría", pero ven difícil calquera outra saída. Un realoxo nunha vivenda tutelada ou calquera outra localización só serviría, segundo Mosquera, "para que o seu lugar o ocupen outros". Recordou que este asentamento, no que actualmente viven varias familias, se remonta a hai uns 25 anos "e xa se fixo de todo" para eliminalo.
O maior problema da zona, segundo o edil nacionalista, é a presenza dunha nave que se contruyó "de xeito ilegal" e cuxos propietarios habilitaron unha ponte sobre o río que tampouco contou coas preceptivas autorizacións. Esas infraccións, explicou, terían prescrito hai moito tempo e, de feito, no PGOU de 1989 cualificouse todo este ámbito como zona verde para evitar futuras edificacións.
ÿ sobre un destes terreos, segundo os seus propios habitantes, onde estaría situado este asentamento chabolista. Sobre eles, os servizos sociais do Concello de Pontevedra realizan unha serie de seguimentos periódicos, pero tal e como confirmou César Mosquera trátase de persoas "máis pacíficas" das que estaban antes. Por iso, o goberno municipal insiste en buscar unha saída que non sexa traumática para eles.
Relacionadas:
-
O desaloxo do asentamento de Ponte do Couto: dúas sentenzas concluíron que estaba "en precario"
Por Natalia Puga |
-
Desmantelan parte do asentamento chabolista de Ponte do Couto
Por Natalia Puga |
-
O Concello busca unha solución conxunta para o asentamento chabolista de Ponte do Couto
Por Redacción |
-
Isto non é arte urbana, é vandalismo
Por Redacción |
-
Primeiros pasos para dar unha solución ao poboado da Ponte do Couto
Por Mónica Patxot |
-
Solicitan a reubicación do poboado chabolista da Ponte do Couto
Por Oskar Viéitez |
-
A enchente do Gafos arrastrou numerosos obxectos dos asentamentos chabolistas
Por Oskar Viéitez |