Inician unha campaña de recollida de alimentos nas oficinas de Correos en Pontevedra
Por Redacción
A oficina principal de Correos en Pontevedra, ao igual que o resto de oficinas da provincia, converteranse durante os próximos dez días nun punto de recollida de alimentos. Baixo o lema 'Dóaos con Correos', recolleranse produtos infantís, conservas, legumes, aceite, pasta e arroz do 28 de outubro ao 5 de novembro, ambos os dous inclusive.
Os alimentos recollidos nesta iniciativa solidaria serán doados á Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo.
ÿ a segunda vez que Correos ofrece a súa rede de 53 oficinas en toda a provincia de Pontevedra para recoller alimentos non perecedoiros. Os propios traballadores do organismo, a través do programa de voluntariado corporativo, colaborarán cos labores de clasificación e reconto dos produtos entregados.
O pasado mes de marzo a rede de oficinas de Correos en toda España foi capaz de reunir máis de 24 toneladas de alimentos non perecedoiros que foron entregados aos respectivos Bancos de Alimentos do país.