A Peregrina, imaxe de cartas e envíos postais que saian desde a cidade de Pontevedra
Por Redacción
A igrexa da Peregrina será, dende este venres, a imaxe dos cuños de cartas e envíos postais que saian dende a cidade de Pontevedra. A oficina principal de Correos estreou este cuño especial coa pegada deste monumento pontevedrés, un dos máis fotografados en toda a provincia.
Este cuño está deseñado para que filatélicos e clientes da oficina poidan cancelar os seus envíos postais con esta imaxe, onde consta a imaxe da Peregrina, o nome da poboación e a data do envío.
Así, a imaxe da igrexa da Peregrina e o nome de Pontevedra poderá viaxar por toda España plasmada nas cartas e postais que se envíen dende a oficina.
Esta iniciativa enmárcase dentro dunha campaña emprendida por Correos que, dende que comezou este ano, emitiu xa uns 35 cuños turísticos para colaborar na difusión de imaxes de lugares e monumentos emblemáticos a través dos envíos postais.
Relacionadas:
-
Correos emite un selo conmemorativo da provincia de Pontevedra
Por Redacción |
-
Inician unha campaña de recollida de alimentos nas oficinas de Correos en Pontevedra
Por Redacción |
-
O carteiro e os nenos da Xunta
Por Redacción |
-
Cuño das Rías Baixas para todas as cartas que se envíen dende Galicia
Por Redacción |