A Deputación descarta converter ao seu persoal laboral en funcionarios
Por Oskar Viéitez
Non será posible conseguir o obxectivo marcado polos sindicatos, polo menos non polas boas.
"Se hai reclamacións poñémonos en mans dos tribunais"
A principal demanda de Comisións Obreiras, principal representante entre os traballadores da Deputación, era converter en funcionarios ao persoal laboral dos organismos autónomos.
O vicepresidente económico da institución, José Manuel Figueroa, descartou esta posibilidade.
"Os tribunais no seu día decidirán en base as reclamacións. Nos entendemos que é personal laboral. Se hai reclamacións poñémonos en mans dos tribunais", declarou en rolda de prensa.
Figueroa explicou que a Deputación ten agora mesmo "o persoal axeitado".
Trala xubilación de 50 funcionarios, cuxas prazas foron amortizadas, o persoal da Deputación está conformado por 660 traballadores, das cales 455 son funcionarios e o resto laborais.
Figueroa parece descartar unha saída negociada ao conflito laboral. Tampouco deu máis pistas de como se van a encaixar no persoal da Deputación estes 211 empregados, que funcións se lles asignará, ou ata que punto modificaranse as súas condicións de traballo.