Os traballadores da Rede Galega de Kioscos concéntranse en contra do ERE extintivo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Non poden facer nin pedidos nin pagamentos porque a Rede Galega de Kioscos (RGK) declarouse en concurso de acredores, así encóntranse os vendedores dos quioscos dependentes de Cogami en Pontevedra dende esta mañá. Recibiron un comunicado da empresa anunciándolles esta medida pero sinalándolles que, polo momento, os establecementos continúan operativos e abertos ao público.
Ante esta decisión empresarial, os empregados que se encontraban na quenda de traballo decidiron realizar unha concentración dentro do seu período de descanso para realizar un peche simbólico dos quioscos e mostrar a desconformidade coas formas e o fondo das medidas adoptadas pola RGK.
Isabel Veiga, representante dos traballadores en Pontevedra, indicaba que na cidade o negocio é viable e que, nas últimas horas, se puxeron en marcha para buscar algunha fórmula que lles permita continuar mantendo os seus postos de traballo. Veiga afirmaba que a pesar de que, tempo atrás, se notou o descenso de clientes, nos últimos meses a traxectoria de vendas foi ascendente.
Sinalou que a empresa xa non renovara contratos temporais e que, na actualidade, tan só sete traballadores se encontran operativos na cidade. Contan con idades que superan os 40 anos e cunha antigüidade de entre cinco e nove anualidades.
O mércores 5 manterán unha reunión informativa, convocada polo sindicato UGT, no que analizarán os datos relativos á súa situación laboral e ás contas económicas da empresa. "Temos un vacío de información. Estamos perdidos, vacíos de información. Cremos que podemos defender o soldo e o prato de cada familia, isto non é para facerse rico", explicou Isabel Veiga.
Relacionadas:
-
Liberados de pasar frío nos quioscos de Cogami
Por Redacción |
-
Cortan a luz e a auga aos quioscos de Cogami
Por Redacción |
-
Reclaman a retirada do concurso de acredores dos quioscos de Cogami
Por Redacción |
-
Dous traballadores presentarán unha alternativa empresarial para continuar coa actividade nos quioscos de Cogami
Por Anxo Lourido |
-
Os traballadores de quioscos afectados polo ERE extintivo, sorprendidos pola decisión empresarial
Por Redacción |
-
A Rede Galega de Kioscos presenta un ERE extintivo para 16 persoas con discapacidade en Pontevedra
Por Redacción |