Homenaxe aos defuntos da Armada
Por Redacción
A Armada tamén rendeu homenaxe aos seus defuntos este domingo. Fíxoo a través dun acto celebrado no panteón que ten no cemiterio da Raña de Marín.
A homenaxe aos defuntos da Mariña Española realizouno a Escola Naval Militar, pero en nome de toda a Armada. O acto, celebrado pola mañá, estivo presidido por comandante director da Escola Naval, o capitán de navío Juan Luis Sobrino Pérez-Crespo.
Sobrino estivo acompañado por unha comisión de oficiais, suboficiais e militares de mariñeiría e tropa, ademais da banda de música da Institución. Ademais, durante o acto rezouse un responso polo persoal da Armada falecido, despois de facer unha ofrenda floral no camposanto marinense.