Cáritas presume da solidariedade dos arousanos
Por Oskar Viéitez
"Estamos máis que contentos, o seguinte", comentou Francisco Jesús Fernández Rodríguez. O director de Cáritas Interparroquial Arousa celebrou este venres a decisión do goberno provincial da Deputación de aprobar unha axuda de 16.000 euros que esta organización humanitaria para a compra dunha furgoneta necesaria para o desenvolvemento do programa "Estamos contigo", co que a entidade dá servizo ás persoas maiores que viven soas.
Francisco Fernández explicou que este proxecto consiste na reparo de comida a domicilio a persoas maiores ou dependentes co fin de garantirlles o sustento, "ainda que a maioría o que máis agradecen é ter un acompañamento á hora de comer". E é que a soidade é un dos principais problemas que se encontran entre as persoas maiores que atenden.
O programa lévase a cabo nos municipios de Vilagarcía, Vilanova, A Illa, Cambados e Catoira. A furgoneta que utiliza a asociación actualmente é de segunda man e necesita revisións e reparacións constantemente, ademais de non cumprir coas esixencias sanitarias precisas.
O director de Cáritas Arousa sinalou que este programa é un dos que máis pegada deixa entre os voluntarios que traballan na organización. Especialmente entre os universitarios.
O comedor que ten Cáritas no centro da cidade, o albergue de San Cibrán, o roupeiro e as zonas de cultivo, son outros lugares nos que desenvolven os seus traballo durante a súa estanza de verán.
Francisco Fernández presumiu da solidariedade dos arousanos "nestes momentos temos máis voluntarios ca nunca, case 250 persoas" e mencionou o aumento dos "pobres vergonzantes", aquelas persoas que non se senten capaces de que os demais saiban que piden axuda.