As obras do polígono empresarial de A Facha rematarán nos próximos días
Por Redacción
Nos próximos días rematarán as obras no polígono empresarial de A Facha que está sendo reformado para mellorar a súa competitividade.
Así, ao quedarse pequena a infraestrutura anterior do polígono, o Concello de Campo Lameiro decidiu investir 91.596 euros na mellora da estación depuradora de augas residuais deste parque, dos cales, o 80%, é dicir, 73.277 foron aportados a través da Consellería de Economía e Industria.
Os traballos consisten na substitución da depuradora actual por un sistema de depuración formado por un decantador dixestor tipo imhoff, un filtro biolóxico, unha decantación secundaria e unha infiltración parcial no terreo para reducir, desta forma, o caudal vertido en época estival.
Todas as etapas de depuración irán soterradas para evitar bombeos previos ou intermedios que necesiten de un aporte enerxético.