Activan un dispositivo policial especial para un 'comercio seguro' en Nadal
Por Redacción
A Policía Nacional activou en Pontevedra o dispositivo especial 'Comercio Seguro' co fin de reforzar a seguridade, tanto obxectiva coma subxectiva, durante as datas do Nadal e previr a comisión de feitos delituosos como furtos, roubos con violencia ou intimidación, fraudes ou roubos con forza.
O dispositivo policial estará activo ata o próximo 8 de xaneiro e centrarase na vixilancia das rúas da zona comercial, o ámbito de Benito Corbal e o casco histórico, así como en zonas de ocio e diversión.
Todos os axentes destinados en áreas de Seguridade Ciudadana incrementarán os servizos operativos de prevención en lugares de maior risco para comerciantes e viandantes, e potenciarán a presenza policial en zonas de afluencia de persoas como as estacións e autobús ou ferrocarril.
Este plan especial foi deseñado a nivel estatal despois de diversas reunións con asociacións de comerciantes e, na súa liña de de sumar forzas en beneficio da seguridade de todos, incorpora a Policía Local e o persoal de seguridade privada, para poder desenvolver respostas aínda máis áxiles e eficaces.
Este dispositivo iniciouse nunha fase previa na que se incide principalmente nos contactos con comerciantes e colectivos cidadáns para difundir consellos preventivos de seguridade e buscar tamén a colaboración cidadá que poida achegar información útil para os axentes e investigadores.
A fase operativa e central do dispositivo activarase o próximo 18 de decembro e prolongarase ata o día 8 de xaneiro. Durante estes días a presenza policial estará reforzada con fins disuasorios, preventivos e operativos.
Relacionadas:
-
Sorprenden unha menor cando tentaba roubar un vestido de 27 euros
Por Redacción |
-
Identifican dúas veciñas do Vao por roubar roupa e calzado de tres tendas de Benito Corbal
Por Natalia Puga |
-
Os controis de alcoholemia multiplicáronse polas ceas navideñas
Por Oskar Viéitez |
-
Sorprenden unha menor roubando roupa con tesoiras e alicates
Por Redacción |