O Concello pide á Deputación que retire o céspede artificial dos Xardíns de Vincenti
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra solicita a retirada do céspede artificial que a Deputación de Pontevedra está a instalar nos Xardíns de Vincenti, máis próximos ao Pazo Provincial, por tratarse dunha solución pouco axeitada para un espazo protexido e catalogado polo seu valor histórico, monumental e paisaxístico.
O Concello, a través da Concellaría de Patrimonio Histórico, dirixiarase á delegación territorial de Patrimonio da Xunta de Galicia, para que vele pola integridade e conservación deste espazo singular da cidade, que "merece un trato máis apropiado que o que a Deputación está a facer".
Ao tempo, o Concello ofrece a colaboración dos servizos técnicos municipais de Parques e Xardíns para opter solucións distintas á que escolleron, dado que este servizo leva anos abordando problemáticas parecidas no espazo dos Xardíns de Vincenti, pero "dando solucións máis acordes" co entorno e o espazo protexido no que se atopan.
O Concello de Pontevedra estima que o uso do céspede artificial "pode ser propicio para campos de fútbol ou rotondas, pero non parece o máis indicado para os Xardíns de Vincenti ao tratarse dun espazo de gran valor histórico como este".