O alcalde de Vilagarcía pedirá explicacións sobre o futuro de Conservas Cuca
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, porase en contacto o vindeiro luns coa empresa propietaria de Conservas Cuca, en Vilaxoán, e cos representantes sindicais dos traballadores para coñecer de primeira man a situación da fábrica.
Ata o momento, ningunha das dúas partes se puxo en contacto co goberno local.
Fole afirma que "o hipotético peche de Cuca é dende logo unha mala noticia, e máis cando se publica que o peche non ten que ver con perdas económicas".
Pipla e a súa marca Cuca están asociadas a Vilagarcía de Arousa dende hai décadas polo que o Concello, asegura el alcalde, "fará todo o que estea na súa man non só para que se manteña a produción en Vilaxoán senón, e sobre todo, para que se garante o mantemento dos postos de traballo".
A cualificación urbanística sobre a que asenta a fábrica é industrial.
A súa cualificación para outros usos, residencial por exemplo, pasaría pola tramitación dun Plan Especial de Reforma Interior (PERI) a incluír no Plan Xeral de Ordenación Urbana, na actualidade en revisión, e de acordo coa Lei de Costas. En todo caso, implicaría a cesión de terreos para uso público.