Falece unha muller atropelada por un turismo en Poio
Por Redacción
Unha muller faleceu este luns vítima dun atropelo cando camiñaba pola avenida da Toxa e e un turismo a levou por diante por causas que aínda se descoñecen. Ocorreu na parroquia de Raxó, no termo municipal de Poio.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, un particular alertou do accidente e pediu axuda ás 12.51 horas avisando xa da gravidade do sinistro.
Debido á gravidade das lesións, requiriuse a presenza do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Chegou a tomar terra no mesmo lugar do accidente, pero xa non realizou ningún traslado ao constatarse o falecemento da muller.