Quince empresarios chineses visitarán as Rías Baixas, interesados no albariño e o aceite de camelia
Por Redacción
Shaowu Huang é, segundo a lista Forbes, un dos homes máis ricos do mundo. ÿ propietario do Grupo Sinomaster, formado por numerosas empresas dedicadas aos agronegocios, o turismo, as telecomunicacións, a tecnoloxía e o sector inmobiliario. El será o que encabece a delegación de quince empresarios chineses que visitarán as Rías Baixas o próximo 15 de decembro, para interesarse por diversos sectores produtivos da provincia.
Así o anunciou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, nunha rolda de prensa na que situou a visita desta comitiva como froito das relacións establecidas con motivo do Congreso Internacional da Camelia celebrado en Pontevedra.
A delegación chinesa está interesada, especialmente, na compra de grandes volumes de viño albariño e na produción do aceite de camelia, polo que na súa axenda figura unha visita á Estación Fitopatolóxica de Areeiro e a adegas das Rías Baixas.
Ademais de directivos de empresas do Grupo Sinomaster, na expedición participan representantes da empresa T&S Comunications, líder no mercado chinés da alta tecnoloxía.
No programa da visita a Galicia, figura unha recepción no Pazo Provincial o día 15 pola mañá, para posteriormente visitar a Estación de Areeiro e o Mosteiro de Armenteira, centros nos que terán ocasión de coñecer en detalle a produción de aceite de camelia e os produtos cosméticos que se elaboran con el. Así mesmo, visitarán unha adega para interesarse polo viño albariño e as posibilidades de establecer intercambios comerciais.
Relacionadas:
-
O Mosteiro de Armenteira e a Deputación traballan para estimular a explotación comercial dos cosméticos de camelia
Por Redacción |
-
Empresarios chineses interésanse na compra dun terreo na provincia para producir e exportar aceite de camelia
Por Diego Espiño |
-
A revolución da Camelia
Por Oskar Viéitez |
-
As Rías Baixas, capital internacional da camelia ante 16 países
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |