As seis 'prioridades' do PP para apoiar o orzamento municipal "só buscan defender á Xunta", segundo o Goberno local
Por Alejandro Espiño & Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Partido Popular está disposto a apoiar o presuposto municipal que negociaron BNG e PSdeG-PSOE, pero marca seis prioridades que condicionan este posible voto favorable. Trátase, segundo o voceiro popular, Jacobo Moreira, de asuntos consensuados con asociacións veciñais e colectivos sociais durante os encontros que mantiveron con eles nas últimas semanas.
Entre estas prioridades, o PP reclama que, polo menos, o 50% do capítulo dedicado a investimentos -11,2 millóns de euros en 2015- se destine a obras do saneamento do rural, porque "Pontevedra no se puede permitir que haya vecinos a tres kilómetros de la ciudad que tengan fosas sépticas y rebosen cerca de sus casas". Son traballos, sinalou, que debe executar o goberno municipal e non a Xunta, "porque la competencia es suya".
Ademais, os populares esixen que se destine un millón de euros á creación dun plan económico para fomentar o emprego, que se outorgue unha maior relevancia aos servizos sociais e se recupere o equipo de inclusión social, que se incorpore unha dotación para impulsar definitivamente a redacción dun novo PXOM e que se implante o transporte público de viaxeiros.
Por último, o Partido Popular reclama que nas contas municipais se inclúa unha partida para acometer os servizos necesarios para o novo hospital de Monte Carrasco.
En todo caso, Jacobo Moreira criticou que este presuposto municipal, do que saben unicamente polos medios de comunicación, pareza deseñado para "satisfacer las prioridades de Lores y Louro y no la de los vecinos de Pontevedra". Aínda así, dixo, "es mejor que tengamos un mal presupuesto a que no tengamos ninguno".
RESPOSTA MUNICIPAL
As 'esixencias' do grupo municipal do Partido Popular foron valoradas polo voceiro do goberno municipal, Raimundo González, que destacou que curiosamente todas elas responden a competencias da Xunta.
"O que están decindo é que vos Orzamentos dá Xunta para Pontevedra son catastróficos", interpretou González Carballo
Raimundo González recordou que o transporte público, emprego, hospital, inclusión social, son competencias da Administración Autonómica, e en canto ao saneamento "veñen a dicir que a Xunta non vai poñer nin un duro", o que ao seu xuízo significa "que están recoñecendo implicitamente que a Xunta non ten en conta a Pontevedra para nada".
"O que están decindo é que vos Orzamentos dá Xunta para Pontevedra son catastróficos", interpretou González Carballo.
As condicións do Partido Popular só buscan defender á Xunta de Galicia "fronte aos cidadáns de Pontevedra", indicou o voceiro municipal.
Relacionadas:
-
O PP presentará unha emenda á totalidade do proxecto de orzamentos 2015
Por Natalia Puga |
-
O PP critica que as políticas sociais seguen a ser a materia pendente do Bipartito nos orzamentos 2015
Por Redacción |
-
Acordo BNG-PSOE para os orzamentos 2015: "Son os mellores posibles", di Lores
Por Alejandro Espiño |