O PP critica que as políticas sociais seguen a ser a materia pendente do Bipartito nos orzamentos 2015
Por Redacción
O grupo municipal do PP de Pontevedra amosa a súa "decepción" ante os orzamentos municipais para o ano 2015 que lle acaba de presentar o Goberno local e interpreta que son o reflexo do "cansazo que ven mostrando o equipo de goberno" bipartito BNG-PSOE nos últimos meses. Centran esa crítica, en concreto, no alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e cuestiona que as contas para o vindeiro ano "non asumen a realidade que vive Pontevedra, nin as necesidades dos cidadáns".
Entre as críticas dos 'populares' destacan que o impulso das políticas sociais "segue sendo a materia pendente do goberno de Lores", pois sosteñen nun comunicado que, un ano máis, a aposta polos asuntos sociais diminúe.
Cuestiona que as contas "non asumen a realidade que vive Pontevedra, nin as necesidades dos cidadáns"
Ao respecto, indica que entre os anos 2010 e 2014 a partida asignada a esta materia pasou do 5,4% ao 4,7%, isto é, experimentou un descenso do 0,7% . No ano 2015 volverá a reducirse e sitúase no 4,515% e o PP critica que, a pesar desas cifras, o Goberno local "presume de ter aumentado o gasto nestes novos orzamentos".
Engaden que das 49 partidas recollidas no capítulo de investimentos, 30 están "exactamente igual redactadas que no orzamento anterior, sen cambiar nin sequera un céntimo". Chama a atención de xeito específico, segundo os populares, a partida destinada á Adquisición de Grupos Escultóricos, que destina 60.000 euros a pesar de que esta xa foi empregada.
O PP critica que o Goberno local redactou os orzamentos "sen ter en conta a opinión nin dos veciños nin da oposición", todo a pesar de que Lores hai unhas semanas, sinalan os populares, "apostaba pola participación social".
Relacionadas:
-
Adiviñanzas, descualificativos e firmas dubidosas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP presentará unha emenda á totalidade do proxecto de orzamentos 2015
Por Natalia Puga |
-
As seis 'prioridades' do PP para apoiar o orzamento municipal "só buscan defender á Xunta", segundo o Goberno local
Por Alejandro Espiño & Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Acordo BNG-PSOE para os orzamentos 2015: "Son os mellores posibles", di Lores
Por Alejandro Espiño |
-
A negociación do orzamento municipal para 2015 avanzará de forma "importante" esta semana
Por Alejandro Espiño |
-
O orzamento municipal para 2015 ascenderá a 69 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |