En Pontevedra fálase de sexo
Por Diego Espiño
Derrubar tabús e acabar con algúns mitos sobre diversas prácticas sexuais. ÿ o obxectivo do congreso que organiza a Sociedade Galega de Sexoloxía en Pontevedra.
A xornada, que se celebrará no Teatro Principal o venres 14 de decembro ás 19:30 horas, será gratuíta coa intención de atraer a todos aqueles cidadáns que necesiten consello ou teñan dúbidas sobre estes temas, como recoñece desde a organización o doutor Manuel Varela, "queremos aclarar dudas para que se informe la gente a la que le cuesta hablar de esto y que se actualicen los demás".
Varela recoñece que se segue a falar "poco y mal" de sexo, a pesar de ser "una parte muy importante para la salud de una persona".
O congreso virará ao redor de dúas conferencias. A primeira, impartida polo doutor Emilio López Bastos, intentará desmontar falsas ideas moi aceptadas pola sociedade coa charla "Dinámicas do desexo na parella: aclarando mitos", onde abordará cuestións como os factores que inflúen no desexo sexual da parella ou se funciona igual o desexo na muller e no home.
O segundo dos relatorios, "Sexualidade e liberdade: a diversidade sexual", impartida polo doutor Félix López Sánchez, catedrático da Universidad de Salamanca, virará en torno ao respecto nas decisións de cada persoa, independentemente da súa orientación sexual.