Rajoy non volverá a casa polo Nadal
Por Oskar Viéitez
O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, non virá á cidade do Lérez para celebrar a Noiteboa. Por primeira vez queda en Moncloa, onde gozarán dun menú especial para a cea familiar, aínda que da maior parte da loxística se encargará a propia esposa do presidente, Elvira Fernández.
Segundo informou o propio Mariano Rajoy en declaracións á xornalista Paloma Barrientos en páxinas da revista Vanitatis "mi padre está un poco delicado de salud y pasaremos la Nochebuena y Navidad en Madrid. El 26 hay Consejo de Ministros y después nos iremos a Sanxenxo. A mis hijos les gusta mucho y disfrutan de la playa aunque haga frío. Y para mí qué mejor manera que despedir y empezar el año en mi tierra, junto al mar".
O presidente do Goberno, que deixou de fumar hai un ano, "y no he engordado porque ahora hago mucho deporte", non se involucra nos menús. ÿ Viri, a súa muller, a que se encarga da intendencia e así o conta el mesmo en conversación con Vanitatis. "En casa lo tradicional es el capón; estando en Galicia no podía ser de otra manera", conclúe.
Moncloa confirmou que o xefe do Executivo manterá dende a súa residencia oficial unha videoconferencia cos militares e gardas civís que están despregados en misións fóra do país para felicitarlles o Nadal e agradecerlles o seu traballo e o seu esforzo. Será o mércores 24 de decembro.
O ano pasado, Rajoy fixo esta conexión dende a Escola Naval Militar de Marín.
Fontes próximas ao presidente do Goberno apuntan que Rajoy e a súa familia non viaxarán a Pontevedra ata o fin de semana previo a Noitevella para poder preparar con calma o discurso de fin de ano que se emitirá o día 26.
Dende esa mesma xornada ata a véspera de Reis, o Consello de Ministros tomará unha minivacacións. Está anunciado que o xefe do Executivo acompañe o 6 de xaneiro ao Rei nos actos da Pascua Militar no Palacio Real.