Destinan 6,2 millóns a contratar a 1.500 operarios municipais a partir de febreiro
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra destinará 6,2 millóns de euros a contratar a unhas 1.500 persoas desempregadas para traballar como operarias nos concellos da provincia.
A Xunta de Goberno deu luz verde este martes ás bases do Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais que vai rexer as citadas contratacións e faino co horizonte de que os traballadores xa poidan estar contratados e en activo no mes de febreiro.
Os contratos terán unha duración de seis meses e teñen unha dobre finalidade: facilitar a inserción laboral de persoas que carecen de emprego e de prestacións e ofrecer aos concellos a posibilidade de ter a man de obra que precisan pero no poden contratar por falta de fondos.
Rafael Louzán explicou que a Deputación financiará o custo salarial total coa categoría de operarios, pero cada concello poderá decidir cambiar de categoría e pagar a diferencia de salario. O que sufraga a Deputación é unha xornada laboral de 25 horas á semana.
Louzán vinculou este plan, co que sairán das listas do paro 1.500 traballadores da provincia, con outra das iniciativas posta en marcha pola Deputación para fomentar o acceso ao mercado laboral. Lembra que os concellos pontevedreses teñen ata o 2 de febreiro de 2015 para solicitar os traballadores que precisan dentro do Plan de Práctica Laboral.
Ata o 12 de xaneiro está aberto o periodo de inscrición para que 200 titulados superiores opten a outras tantas bolsas de traballo durante un ano nos concellos. Ata agora, as titulacións máis frecuentes que demandaron os propios concellos foron Administración e Finanzas, Traballo Social, Xestión Pública, Dereito, Bioloxía, Economía ou Turismo, entre outras.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas incorpora 24 operarios para limpeza e reparación de insfraestruturas
Por Redacción |
-
A Deputación concede 6,1 millóns de euros para que os concellos contraten a 1.467 desempregados
Por Redacción |
-
365.000 euros para cubrir as necesidades básicas dos veciños dos municipios máis pequenos
Por Redacción |
-
Mozos titulados: vaian preparando os papeis, arranca un novo plan de prácticas laborais
Por Oskar Viéitez |
-
Novo plan de práctica laboral para 200 titulados
Por Redacción |
-
A Deputación promove 800 postos de traballo de mantemento nos Concellos
Por Redacción |