Chapa e pintura para o albergue
Por Redacción
Os peregrinos que chegaron a Pontevedra dende o 1 de xaneiro non puideron aloxarse no albergue de peregrinos. Ao chegar ás instalacións da rúa Otero Pedrayo encontráronse cun cartel de 'pechado' que permanecerá ata este mércores 7 de xaneiro.
O presidente da Fundación Camiño Portugués de Santiago, Celestino Lores Rosal, explicou que decidiron pechar o albergue para realizar obras de mantemento, entre as que figura un pintado xeral das instalciones ou tarefas de limpeza. ÿ un tipo de actuación que realizan habitualmente nesta época do ano porque "son las fechas en las que viene menos gente".
A pesar do peche do albergue durante unha semana, Tino Lores está convencido de que practicamente non afectou a ningún peregrino. Ademais, para minimizar posibles consecuencias, estaban avisados todos os albergues dende Tui, de forma que os camiñantes "pueden ir organizándose" e pasar a noite noutras instalacións similares e tamén en hostais e pensións. O albergue de Barro está a 9 quilómetros; o de Portas, a 15; e o de Redondela, a 21.
Ao respecto, Tino Lores explica que nesta semana de peche "a lo mejor pasan dos o tres personas", unha cifra moi inferior á do resto do ano, de aí que aproveiten para realizar unhas tarefas de mantemento que permitirán que os peregrinos que cheguen a partir deste mércores "se encuentren todo muy bien preparado y en condiciones".
Este tipo de actuacións son necesarias porque miles de persoas pasan ao ano polo albergue e o desgaste é "lógico". De feito, no último ano 2014 bateuse un récord de ocupación, con 11.000 peregrinos que se albergaron nas instalciones pontevedresas.
Este récord bateuse tanto en ocupantes do albergue coma en peregrinos que elixiron o Camiño Portugués para chegar ata Santiago de Compostela. A cifra máxima alcanzárase no Ano Santo de 2010, con 32.000 peregrinos e, non obstante, este 2014 superouse de sobra e rexistráronse 35.000. Deles, máis da metade xa se aloxan en hostais, pensións ou hoteis, algo que, a xuízo de Tino Lores, é "muy positivo para el sector y para la ciudad".
Relacionadas:
-
O Albergue de Peregrinos agarda un novo cheo para esta Semana Santa
Por Redacción |
-
Os albergues do Camiño Portugués incrementaron o número de pernoitas en 2014
Por Redacción |
-
As obras de mellora do Camiño Portugués no municipio de Pontevedra, case a punto
Por Redacción |
-
O Camiño Portugués incrementa o número de peregrinos fronte ao Francés
Por Redacción |
-
Máis de 27.000 peregrinos pasaron polo albergue de Pontevedra este ano
Por Oskar Viéitez |