O PSOE de Ponte Caldelas rebélase contra a planta de compostaxe da Canicouva
Por Redacción
O PSOE de Ponte Caldelas descubriuse como o primeiro opositor á instalación da planta de compostaxe na Canicouva. Por este motivo, os socialistas convocaron aos veciños da parroquia de Xustáns a unha reunión o próximo domingo 18, a partir das 11.45 na Casa do Pobo, co obxectivo de iniciar un calendario de protestas en contra da instalación da planta ao entender que sufrirán as consecuencias de converterse no "vertedoiro de lixo da provincia".
A través dun comunicado, os socialistas sinalan que o PP e o BNG desenvolveron este proxecto con "un escurantismo sospeitoso" para situalo moi próximo a Baltar, un pobo da parroquia de Xustáns. Denuncia que supón "unha grande irresponsabilidade e un desprezo á saúde dos veciños da parroquia de Xustáns" apuntando que servirá como vertedoiro de lixo para 22 municipios cun "impacto ambiental e un prexuízo futuro para os veciños das poboacións próximas polo olor que desprenden" e se preguntan "Quen vai querer vivir ao lado dun vertedoiro de lixo?".
Vaticinan o despoboamento da zona e sinalan que noutros puntos de España estas plantas xeraron problemas de saúde debido aos malos olores que emanan.
Relacionadas:
-
Os veciños de Xustáns apostan por crear unha plataforma contra a planta de compostaxe da Canicouva
Por Redacción |
-
O Concello e os comuneiros de Ponte Caldelas alertan de "problemas ambientais" da planta de compost
Por Redacción |
-
Os veciños de Ponte Sampaio mobilizaranse contra a instalación da planta de compostaxe na Canicouva
Por Diego Espiño |
-
Agustín Fernández acusa Lores e o BNG de ser "uns traidores" pola súa posición coa planta de compostaxe
Por Diego Espiño |
-
A Canicouva acollerá a planta de compostaxe a cambio de 2.000 euros anuais por hectárea
Por Redacción |