Piden licenza para construír tres novos almacéns no Porto de Marín
Por Redacción
O Porto de Marín estuda a solicitude de licenza para tres novas naves almacéns de mercadoría xeral.
Segundo informou o presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa, a pesar da inseguridade xurídica xerada pola sentenza que ilegalizara os recheos as previsións para este ano son alcistas no transporte de mercadorías, cando se espera que creza máis dun tres por cento.
Suárez non quixo ser máis concreto ata que se peche a operación, polo que evitou desvelar a identidade das novas empresas, mesmo cal é o seu sector. Tan só avanzou que non se trata de ampliacións de empresas xa establecidas senón que son compañías novas no Porto.
O presidente da Autoridade Portuaria comentou que a terminal de colectores contará este ano con servizo ferroviario e tamén está prevista a realización dun peche que a ille do resto do ente marítimo.