Outros rescatan bancos, eles rescatan persoas
Por Oskar Viéitez
As asociacións de Alzheimer (de Pontevedra, Morrazo e O Salnés); a asociación contra o Cancro de Pontevedra; AIDA a sociedade de axuda á integración dos africanos, de Vigo; e Proxecto Home Galicia. Con todos eles firmou esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán, convenios por un importe total de 105.000 euros.
No caso da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Pontevedra (AFAPO), os 15.000 euros da subvención teñen por obxecto o programa "Axúdanos a seguir axudando" que atende a persoas que padecen a enfermidade en distintos estadíos.
O seu presidente, José Manuel Fontenla, destacou que en Pontevedra teñen 40 usuarios e dixo que a finais de decembro inaugurarán un novo local social que atenderá enfermos perante 8 horas. En Galicia, hai máis de 400.000 afectados polo mal de Alzheimer.
No Morrazo existen aproximadamente 500 pacientes diagnosticados, que só dispoñen dun centro público cunha ocupación de 40 prazas e unha lista de espera de 20 enfermos. La Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo (AFAMO) recibeu outro 15.000 euros. A súa presidenta é Josefa Cancelas, explicou que os cartos irán destinados a prevención do deterioro e a atención ás persoas en fase leve que, por falta de prazas, non poden acudir ó centro de día da asociación. Tamén, aliviar a sobrecarga do coidador proporcionándolle un tempo de respiro.
No Salnés a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer chámase AFASAL, e recibeu outros 15.000 euros, que seran empregados nos obradoiros Activa a túa mente para a prevención do deterioro e a atención ás persoas nas distintas fases da enfermidade, para a manter o maior tempo posible a súa autonomía. Tamén busca o respiro dos coidadores, segundo explicou a presidenta da asociación do Salnés, Ana Granja Briones.
Pola súa banda, o presidente de Proxecto Home Galicia, Ramón Crespo, destacou que en Pontevedra e Vigo atenden a diario a 550 personas. En Pontevedra atenden tamén a enfermos alcohólicos e a víctimas de violencia de xénero, asi como ás personas víctimas de todo tipo de adiccións. Os 20.000 euros de axuda irán destinados o programa terapéutico-educativo, co obxectivo de apoiar a recuperación das persoas toxicómanas e as familias afectadas.
Proxecto Home atende tamén a enfermos alcohólicos e a víctimas de violencia de xénero
A Asociación Española Contra o Cancro de Pontevedra tamén recibe 20.000 euros. A presidenta, Marisé Crespo Amigo, dixo que o di;eiro se destina ao mantemento da Unidade Móbil de Coidados Paliativos. Atenderon este ano a 150 enfermos (dos que 97 faleceron) e que dispoñen para eso dun médico, unha enfermeira, un psicólogo e un traballador social.
Finalmente a Asociación de Integración de ayuda al desarrollo africano (AIDA) recibe 20.000 euros. A presidenta, Hortense Yaofanga, destacou que levan funcionando en Vigo dende hai 15 anos. Dixo que, por mor da crise, atenden tamén a outros emigrantes, sobre todo latinoamericanos. Este ano atenderon a 650 personas. AIDA está formado por voluntarios.
Con estes cartos resolven problemas de comunicación entre africanos e españois e viceversa, organizan cursos da lingua e cultura española, distribuen alimentos, ofrecen asesoramento socio laboral e xurídico e fomentan os pequenos sentimentos de solidariedade, tolerancia, diversidade racial, etc.
No acto de sinatura dos convenios, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciou que, a pesar das dificultades económicas, a institucion provincial seguirá mantendo o vindeiro ano iguais cantidades de axudas para o funcionamento destes colectivos.
Ao rematar a rolda de prensa comentou un dos asistentes "vaia, outros rescatan bancos, eles persoas". Tal cual.