Fomento abre o prazo para recorrer medioambientalmente o trazado da A-57

Por Oskar Viéitez
O Boletín Oficial do Estado publicou este sábado a resolución pola que se aproba o documento denominado "integración da avaliación ambiental do proxecto Vilaboa-A Ermida" co seu "correspondente Estudo de Impacto Ambiental" da A-57.
Completada esta documentación o Ministerio de Fomento procederá á adxudicación das obras, que se calcula para o mes de abril.
A presente resolución pon fin á vía administrativa, e contra a mesma pódese interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a ministra do departamento, no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Audiencia Nacional no prazo de dous meses.
Desde o colectivo Salvemos A Fracha xa adiantaron a súa intención de solicitar a anulación do proceso alegando deficiencias na tramitación deste estudo de impacto ambiental da coñecida como circunvalación de Pontevedra.
Relacionadas:
-
AGE esixe paralizar a construción da A-57, pero non atopa un respaldo maioritario no Parlamento
Por Redacción |
-
Os opositores á planta de compost, os crematorios e a A-57 unen as súas forzas en Marcón
Por Redacción |
-
"A A-57 non é unha circunvalación, que non lle chamen así porque é mentira"
Por Redacción |
-
'Salvemos a Fracha' promove o debate sobre a A-57 e os atentados á integridade do rural
Por Redacción |
-
'Salvemos a Fracha' reprocha a Ana Pastor que "non ten ningún respecto" cara aos afectados pola A-57
Por Redacción |
-
O recurso xudicial contra a autovía A-57 presentarase nunha semana
Por Redacción |
-
O Consello de Ministros autoriza contratar as obras da A-57
Por Redacción |