A xubilación da carteira deixará sen servizo dúas parroquias da Lama
Por Redacción
O grupo socialista no Concello da Lama presentará unha moción ao Pleno na que formula o problema xerado coa xubilación da carteira que deixará sen servizo a dúas parroquias deste municipio.
Segundo expoñen os socialistas, o próximo día 9 de febreiro a delegación da zona de Pontevedra de Correos sufrirá unha renovación e reestruturación técnica como consecuencia da xubilación dunha das carteiras máis coñecidas.
Dende o PSOE adiantan que a empresa pública Correos "non pretende convocar a praza" tras a xubilación da carteira que cobre as parroquias de Seixido e Xesta, "polo que se provocará unha deficiencia no servizo que xa vimos sufrindo durante as últimas semanas".
Por estes motivos, o PSdeG pide ao Pleno que solicite á delegación pontevedresa do Grupo Correos a convocatoria da devandita praza que se pretende amortizar e que non recorte o horario de prestación de servizos na oficina da Lama.
Relacionadas:
-
60% de participación na folga convocada en Correos
Por Cristina Saiz |
-
A Lama homenaxea a Olga Barreiro, que se xubila tras 32 anos como carteira de Seixido e Xesta
Por Redacción |
-
A reducción de persoal en Correos provoca unha reacción sindical con protestas na rúa
Por Redacción |
-
Todos os partidos da Lama póñense de acordo para pedir un mellor servizo de Correos
Por Redacción |