O pavimento da rúa Busto de Abaixo terá cortes para evitar os continuos esvaróns
Por Redacción
Á vista das numerosas reclamacións dos veciños da Rúa Busto de Abaixo e arredores e de todos aqueles que ao pasar por esta rúa sufriron algún esvarón, o Concello de Marín previu realizar unha actuación importante no solado de pedra.
Os problemas desta rúa increméntanse nos días de chuvia, que fai que mesmo os coches se deslicen ocasionando accidentes, atropelos e choques contra as vivendas.
A actuación consiste en rañurar a rúa, e dicir, facerlle cortes.
Tamén se dispoñerá unha franxa de lastra colocada en forma almofadada para desta forma servir de freo dos vehículos e tamén para conducir as augas da chuvia cara aos sumidoiros centrais.
Evidentemente, aproveitarase para substituír as baldosas existentes que estean rotas, esportilladas ou soltas, substituíndoa por baldosas novas e para realizar os rexuntados dos bordos laterais da rúa que están sen rexuntar.
Finalmente farase unha limpeza da rúa con deterxente neutro especial granito.
Todo está previsto para que as obras se inicien esta próxima semana, probablemente o mércores día 4 de febreiro, polo o luns colocaranse os correspondentes avisos da Policía Local para notificar o inicio das obras e polo tanto o corte da rúa. O Concello pide desculpas das molestias ocasionadas aos veciños, que seguro o saberán entender, xa que saben da necesidade e a urxencia da obra.
Estas obras prevense que estean finalizadas o venres día 13 de febreiro e ascenden a 10.000 euros.