Avanza o pintado de varias zonas da zona urbana de Marín
Por Oskar Viéitez
Dentro do plan de mellora de acondicionamento de varias zonas da zona urbana de Marín, están a executarse as obras contratadas coa empresa E.C. Casas. Estes días afrontan a súa recta final. Esta reforma consiste na execución das zonas máis deterioradas de Ezequiel Massoni, Recaman, entrada A Cañota e os lombos de Concepción Areal.
Este mércores ocupouse do pintado das zonas máis deterioradas e que se están a executar prioritariamente pola noite para evitar xerar problemas no tráfico.
E por outra parte estanse a executar pintados noutras zonas por parte da brigada municipal de obras. Entre elas encóntrase a zona de carga e descarga adicional na intersección entre Concepción Areal e Jaime Janer, que permitirá reforzar esta zona, tendo en conta que na Alameda se eliminou esta opción coa humanización de Almuiña.
REPARACIÿNS RÿA BUSTO DE ABAIXO
As obras realizadas de acondicionamento da pedra colocada na rúa Busto de Abaixo están a chegar á súa finalización.
Esta semana finalizaranse os labores que ían dirixidos a cambiar algúns tramos, relar a pedra e evitar as zonas máis escorregadizas debido á pendente que experimenta principalmente nalgúns dos tramos.
Ademais destas correccións procederán a recolocar algunhas das baldosas que se encontran deterioradas, que se moven ou que están rotas para poder ofrecer un aspecto moito mellor e máis seguro do que tiñan.
Relacionadas:
-
Ultiman un estudo para arranxar o pavimento das zonas máis danadas de Jaime Janer
Por Redacción |
-
Instalan lombos na rúa Concepción Arenal
Por Redacción |
-
O pavimento da rúa Busto de Abaixo terá cortes para evitar os continuos esvaróns
Por Redacción |
-
Os continuos esvaróns na rúa Busto de Abaixo de Marín obrigan a reparar a beirarrúa
Por Redacción |