Instalan lombos na rúa Concepción Arenal
Por Redacción
Esta semana estanse a acometer as obras contratadas dalgunhas zonas de asfaltados da zona urbana de Marín.
O luns iniciábase co fresado e asfaltado de Ezequiel Massoni, rúa Recaman e este mércores se esta procedendo á execución dos pasos elevados que van en Concepción Arenal, unha rúa moi transitada e onde os coches están a alcanzar gran velocidade sen respectar os pasos de peóns existentes, causando xa varios accidentes..
Realizouse xa a elevación diante da igrexa e con posterioridade os que van situados diante da gasolineira de Tiburcio e diante da marquesiña na saída da rúa Sagrada Familia en dirección a Estribela.
Con tal motivo púxose en marcha un operativo coordinado coa Policía Local.
Para ter menos interferencias o pintado da sinalización de pasos de peóns realizarase pola noite, aproveitando a ausencia ou diminución do tráfico, labores que comezarán esta mesma noite.