Salcedo despide as festas na honra a San Brais cunha boa dose de polbo
Por Diego Torrado
Salcedo volveu poñer o broche de ouro ás celebracións en honor a San Brais cunha nova edición, a décimo quinta, da súa tradicional Festa do Pulpo.
As inmediacións da capela de San Brais foi o escenario desta degustación gastronómica que, como vén sendo habitual, atraeu o interese de centos de persoas, veciños da parroquia e tamén numerosos habitantes da cidade.
A gran carpa situada nos arredores do templo centrou gran parte desta actividade festiva, organizada pola asociación de veciños Salcedo Norte, e que repartiu centos de porcións deste exquisito produto gastronómico, cociñado no seu tradicional estilo 'á feira'.
Foi a vertente máis lúdica dunha xornada que contou con numerosas celebracións relixiosas como unha misa solemne e a tradicional procesión polo barrio coa imaxe de San Blas.