A Reforma Fiscal reduciu a recadación en seis millóns de euros en xaneiro na provincia de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A reforma do IRPF reduciu a recadación en seis millóns de euros en xaneiro na provincia de Pontevedra. Este ano a reforma do IRPF va deixar nos petos dos declarantes pontevedreses 77 millóns de euros, unha media de 183 euros por declarante.
O impacto destas medidas será maior neste exercicio, no que o aforro en Galicia alcanzará os 240 millóns de euros. Ademais en 2016, os declarantes galegos aforrarán na súa declaración da renda 85 millóns de euros.
Os datos foron facilitados en rolda de prensa por Gonzalo Ordóñez Puime, que se estrea nestas lides en Pontevedra. Non en van ocupa un escano no Congreso dos Deputados dende o pasado mes de setembro substituíndo a Irene Garrido tras ser nomeada presidenta do Instituto de Crédito Oficial (ICO). Anteriormente este porriñés era director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias na Xunta.
Gonzalo Ordóñez destacou os aspectos máis relevantes da reforma fiscal "máis social, xusta e equitativa da nosa democracia".