A reforma da PO-308 en Raxó é "prioritaria" para Poio
Por Oskar Viéitez
A Plataforma pola Seguridade da PO-308 de Poio propoñerá á Xunta que priorice a reforma desta estrada no tramo que atravesa a parroquia de Raxó.
Así se acordou na reunión celebrada este mércores pola noite no Concello de Poio e na que o alcalde, Luciano Sobral, informou do contido da reunión mantida recentemente coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.
Segundo informou Luciano Sobral, no próximo encontro cos técnicos da Xunta previsto para o día 3 de marzo formularase a decisión de comezar as actuacións en Raxó, e que continúen en Covelo, coa construción de beirarrúas para peóns en ambas as dúas parroquias.
Os técnicos municipais elaborarán un informe con esta petición aínda que non redactarán un proxecto xa que entenden que ese labor é competencia da Xunta. A propia conselleira adiantou que a Administración autonómica xa é titular de parte dos terreos, polo que non serían necesarias grandes expropiacións para acometer a reforma. Este aspecto será aclarado na reunión do 3 de marzo.
Luciano Sobral quere que a Xunta "concrete a financiamento e os prazos"
Luciano Sobral quere que a Xunta "concrete a financiamento e os prazos" para esta mellora da seguridade vial da estrada. "A nosa intención é que isto se manteña coa posibilidade de actuar nalgún punto concreto e co compromiso serio de investir en toda a estrada", dixo o rexedor.
Non obstante Sobral non ocultou o seu escepticismo ao recordar outros proxectos da Xunta en Poio. "Levamos co proxecto de mellora dos peiraos de Covelo e Raxó dende fai anos e só se fixo unha pasarela de madeira en Raxó, aquí non nos gustaría que pasase iso", concluíu.
Relacionadas:
-
Asfaltado 'ecolóxico' para un perigoso tramo da PO-308 en Raxó
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta pide ao concello que poña a disposición os terreos que faltan para reformar a PO-308
Por Oskar Viéitez |
-
Dous feridos tras envorcar o Audi no que viaxaban á altura de Combarro
Por Redacción |
-
Un estudo da PO-308 en Raxó e Samieira determinará por que zona se inicia a súa mellora
Por Redacción |
-
Ángel Moldes promete, como candidato do PP en Poio, resolver a ubicación da depuradora e a reforma da PO-308
Por Redacción |
-
Sanxenxo reclama á Xunta o arranxo "urxente" dos sucos e fochancas da PO-308
Por Redacción |
-
O concello de Poio priorizará os tramos da PO-308 para que a Xunta os reforme
Por Oskar Viéitez |
-
Instan á Xunta a asumir as expropiacións necesarias para a urbanización da PO-308
Por Redacción |
-
Poio terá que esperar pola reforma da PO-308
Por Oskar Viéitez |