Denuncian unha vertedura de aceite ao río Gafos
Por Redacción
O colectivo ecoloxista Vaipolorío denunciou unha nova vertedura ao río Gafos no seu tramo urbano.
Segundo informaron, esta mancha oleosa foi localizado durante a mañá do xoves no tramo comprendido entre Ponte Nova e Rúa dos Peiraos.
Unha vez máis foi grazas á colaboración cidadá que se puido coñecer este atentado ecoloxista, que foi posto en coñecemento das autoridades.
Segundo Vaipolorío, a vertedura parece ser unha mancha de aceite.