O PSOE de Ponte Caldelas comprométese a reabrir o tanatorio
Por Redacción
Se hai uns días foi o alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, o que trasladou por escrito ás empresas responsables do tanatorio a súa indignación por mantelo pechado, agora o candidato socialista na localidade revelou a súa proposta para lograr que a instalación volva funcionar.
Andrés Díaz comprometeuse a reabrir o tanatorio "mediante unha compra ou expropiación, dado que supón un servizo moi necesario para os veciños", explica nun comunicado.
Díaz entende que se trata ademais dunha "fonte de negocio importante para os comerciantes da vila", polo que demanda o seu uso público.
O voceiro da agrupación do PSOE en Ponte Caldelas critica tamén que no momento da súa construción o goberno local "decidiu que fose totalmente privado quedando en mans de dúas empresas, sendo conscientes de que se en calquera momento estas empresas deciden cerralo o pobo quedaría sen este servizo".
O tanatorio permanece pechado dende novembro de 2013 tras o derrubamento dunha parte da cuberta que provocou inundacións no edificio.
Relacionadas:
-
Andrés Díaz lidera un PSdeG-PSOE que busca ser a "candidatura do cambio" en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O PSOE de Ponte Caldelas sinala ao alcalde como "máximo responsable de que os veciños non teñan onde velar os seus defuntos"
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez di que as empresas propietarias do tanatorio "só pretenden confundir e marear a perdiz"
Por Redacción |
-
Alianza y Barros suxire ao alcalde de Ponte Caldelas que faga municipal o servizo de tanatorio
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez lamenta o "desprezo" aos veciños por parte das empresas que manteñen pechado o tanatorio
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE de Ponte Caldelas esixe responsabilidades ao alcalde polo peche do tanatorio
Por Redacción |
-
O alcalde de Ponte Caldelas recrimina ás empresas propietarias o peche do tanatorio
Por Redacción |