Perfecto Rodríguez lamenta o "desprezo" aos veciños por parte das empresas que manteñen pechado o tanatorio
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, mostrou unha vez máis por escrito a súa indignación aos propietarios do tanatorio situado en Chan da Barcia por manter, dende o mes de novembro do ano 2013, pechadas as instalacións e sen prestar este servizo aos veciños neste termo municipal.
Esta circunstancia obriga aos veciños a ter que desprazarse a outros lugares próximos para velar os seus seres queridos. O tanatorio pechou nesa data debido ao derrubamento dunha parte da cuberta que provocou inundacións. Dende esa data, lonxe de proceder á súa reparación as empresas propietarias "manteñen pechada a instalación polo seu conflito entre elas", sinalan dende o Concello.
Perfecto Rodríguez enviou unha nova misiva ás empresas Alianza e Barros S.A. e Albia Gestión de Servicios S.L.U recriminándolles a súa actitude a cal considera "un auténtico desprecio" cara aos veciños e asegurados destas firmas.
Relacionadas:
-
O PSOE de Ponte Caldelas sinala ao alcalde como "máximo responsable de que os veciños non teñan onde velar os seus defuntos"
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez di que as empresas propietarias do tanatorio "só pretenden confundir e marear a perdiz"
Por Redacción |
-
Alianza y Barros suxire ao alcalde de Ponte Caldelas que faga municipal o servizo de tanatorio
Por Redacción |
-
O PSOE de Ponte Caldelas comprométese a reabrir o tanatorio
Por Redacción |
-
O PSOE de Ponte Caldelas esixe responsabilidades ao alcalde polo peche do tanatorio
Por Redacción |
-
O alcalde de Ponte Caldelas recrimina ás empresas propietarias o peche do tanatorio
Por Redacción |