O patrulleiro 'Atalaya' poderá visitarse o venres e o sábado en Marín
Por Redacción
O patrulleiro de altura 'Atalaya', que se encontra realizando unha campaña de vixilancia e seguridade marítima en augas do Mar Cantábrico e do noroeste peninsular, atracará o venres na Escola Naval Militar para realizar unha escala de tres días de duración. O buque está integrado actualmente na estrutura operativa das Forzas Armadas, no marco das operacións permanentes que estas realizan.
Durante a súa estanza en Marín, ademais de colaborar na formación e adestramento dos alumnos, o patrulleiro realizará xornadas de portas abertas o venres, de 15.00 a 18.00 horas, e o sábado, de 10.00 a 13.00 e de 15.00 a 18.00 horas.
O 'Atalaya', con base no Arsenal de Ferrol, é o cuarto patrulleiro da clase 'Serviola'. Entre as súas misións encóntrase a vixilancia marítima das costas españolas e da súa Zona Económica Exclusiva, coñecemento do ámbito marítimo, e en colaboración con outros organismos públicos, levar a cabo o control do tráfico marítimo, vixilancia de pesca, busca e rescate de náufragos, entre outras.