Pontevedra renova a súa colaboración anual co Fondo Galego de Cooperación
Por Redacción
O Concello de Pontevedra volverá a colaborar co Fondo Galego de Cooperación. O goberno municipal ven de asinar o convenio marco anual coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), e polo cal fai unha achega anual de 15.000 euros.
Ademais desta financiación, tamén é habitual que Pontevedra faga achegas puntuais a chamamentos de emerxencia como o caso de Haití ou a que está prevista aprobar para Palestina.
O Concello sinala nun comunicado que segue comprometido ca axuda exterior que está a realizar o Fondo cos países empobrecidos "xa que segue a ser consecuencia do mesmo sistema que agora esmaga Galicia e outros países de Europa".
Xunto con estas achegas económicas, o Concello de Pontevedra apoia e participa en todas aquelas accións de sensibilización que o Fondo Galego de Cooperación pon en marcha ao longo do ano.
Relacionadas:
-
O traslado de colectivos sociais ao centro cívico de Campolongo, pendente dun trámite da ONCE
Por Alejandro Espiño |
-
Solidariedade pontevedresa con Guinea Bissau a través da fotografía
Por Redacción |
-
Pontevedra axuda os refuxiados que quedaron sen fogar tras un violento ciclón en Filipinas
Por Redacción |
-
Así é a experiencia de Emma Teixeira, técnica do Concello de Pontevedra, en Cabo Verde
Por Redacción |