O Plan de Camiños no rural chega a Santomé
Por Redacción
De acordo co plan establecido pola empresa adxudicataria dos traballos, levouse a cabo as actuacións de acondicionamento deste camiño na parroquia de Santomé referente ao vial que dende Fixón se une ao vial provincial que vai ata Santomé.
Trátase dunha superficie de 850 metros cadrados que se distribúen nun longo de 170 metros por 5 metros de longo.
O obxectivo deste Plan era acondicionar e mellorar camiños en todas as parroquias escollendo aqueles que teñen un mellor tránsito e estaban nun peor estado.
Outra actuación correspóndese co vial que discorre cara ao Campo de fútbol de Santomé que se levará a cabo neste mesmo proxecto.