Non me multe, que son avogado e esta chamada é importante
Por Oskar Viéitez
De nada lle serviu ser avogado a un condutor pontevedrés que esgrimiu este argumento para intentar que o xulgado lle retirara unha multa por conducir mentres falaba polo teléfono móbil.
Apuntaba ademais que a chamada era "moi importante" xa que se trataba do Xulgado de menores, polo que entendeu que "debía atendela".
Non obstante o xulgado do Contencioso Administrativo número dous de Pontevedra rexeitou esta tese confirmando a multa de 200 euros, así como a perda de tres puntos do carné de conducir.
A denuncia foi posta polos axentes da Policía Local de Pontevedra cando sorprenderon o señor avogado utilizando o móbil mentres conducía pola rúa Pastor Díaz.
O letrado rexeitaba a multa ao considerar que se encontraba no exercicio profesional "en defensa dos dereitos fundamentais de dous menores de idade" e engadía a consideración de "Autoridade" aos avogados que se encontran no exercicio das súas funcións.
Non o vé así o xuíz xa que desestima esta impugnación confirmando a multa.