A Deputación presenta a campaña promocional da lonxa de Campelo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra presentou este xoves a súa campaña promocional dos horarios, produtos e ofertas das confrarías do fondo da ría na lonxa de Campelo
Á presentación acudiron o patrón maior e presidente da lonxa de Campelo, Oscar Besada; a patrona de Lourizán, María del Carmen Vázquez Nores e o patrón maior de Pontevedra, César Rodríguez Piñeiro.
Na cartelería anunciase o produto fresco e de calidade recén extraído da ría da lonxa de Campelo.
Ademais, anúncianse tamén os produtos de baixura, de luns a venres, ás 18 horas, con poxa de peixe e marisco da frota de pesca artesanal das confradías de Pontevedra, Lourizán e Raxó para almacenistas, comerciantes polo miúdo e restauradores no peirao de Campelo.