Ponte Caldelas pon en marcha un curso de manipulador de alimentos con vistas a traballar na conserveira Orbe
Por Oskar Viéitez
Dende o Concello de Ponte Caldelas informaron que acaba de poñerse en marcha un novo plan de formación para parados do municipio co obxectivo de mellorar a súa preparación para a procura de emprego.
Por unha banda púxose en marcha unha convocatoria para un curso de manipulador de alimentos, co obxectivo de que parados do municipio teñan esta formación que por exemplo vai ser esixida a todas aquelas persoas que teñan intención de optar a algún posto de traballo na conserveira Orbe que se está instalando no Polígono da Reigosa.
O prazo para inscribirse neste curso finaliza tamén o 12 de marzo. O curso ten unha duración de 3 horas e celebrarase nun único día en xornada de mañá ou tarde en función do número de inscritos.
Doutra banda convocouse un novo curso de preparación para o título de E.S.O. na rama científica-tecnolóxica, co obxectivo de que as persoas maiores de 16 anos que non teñan é título, poidan prepararse para a obtención do mesmo nos exames que se celebrarán no mes de maio.
Estes cursos de preparación lévanse facendo varios anos, pero aínda queda moita xente interesada en seguir preparándose para intentar obter o título de E.S.O., tan necesario hoxe en día para poder acceder ao mercado laboral ou ata a outros cursos de formación. Optouse pola rama científico-tecnolóxica porque é a que necesita de cursos de preparación para que os alumnos poidan ir aos exames con posibilidades de aprobalos. ÿ nesta rama de "ciencias" na que os que intentan obter o título de E.S.O. necesitan axuda de monitores para a súa preparación.
O curso terá unha duración de 75 horas e pretende iniciarse desde mediados de marzo ata maio. O prazo de inscripción é ata o 12 de marzo.
Relacionadas:
-
A conserveira Orbe estrea a súa nova factoría en A Reigosa
Por Oskar Viéitez |
-
Buscan 50 mulleres de Ponte Caldelas para traballar na conserveira Orbe
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Ponte Caldelas facilitará a Orbe os currículums de desempregados do municipio
Por Redacción |
-
Colocan a primeira pedra da conserveira Orbe na Reigosa
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas declara de "interese municipal" a Conservera Orbe rebaixándolle os impostos
Por Oskar Viéitez |