Condena de dous anos de cárcere para un directivo de Oreco por falsear as facturas das obras Pasarón
Por Oskar Viéitez
O xulgado do penal número 1 de Vigo acaba de impoñer unha condena de dous anos de prisión e multa de 1.620 euros ao directivo da empresa Oreco, José Benito V.R. por facturas falsas nas obras do Estadio de Pasarón.
A sentenza considera ao xefe de compras e membro do consello de administración da construtora Oreco autor dun delito continuado de falsidade de documento mercantil.
Entre a longa serie de delitos imputados que a sentenza declara feitos probados, a xuíza sinala que o acusado concertou no ano 2008 a entrega de facturas ficticias, por 94.467 euros por uns traballos de limpeza nas bancadas do estadio de Pasarón.
Segundo informaron as edicións viguesas de La Voz de Galicia e Faro de Vigo, durante a vista oral o directivo de Oreco dixera que estes traballos foron reais asegurando que para tal fin se contrataron a 150 empregados romaneses.
Relacionadas:
-
Oreco e unha subcontrata aseguran que empregaron "150 romaneses" na limpeza de Pasarón
Por Redacción |
-
A Fiscalía acusa á construtora de Pasarón de cobrar facturas falsas pola limpeza do estadio
Por Redacción |
-
A empresa construtora de Pasarón, a xuízo por supostas facturas falsas nas obras do estadio
Por Redacción |