"Antes de que a Xunta nos chupe o sangue, regalámolo"
Por Oskar Viéitez
A Conselleira de Facenda, Elena Muñoz, ten previsto comunicar mañá aos representantes dos traballadores o recorte salarial contemplado nos Orzamentos autonómicos para 2013, segundo trasladan responsables sindicais.
Os sindicatos esperan un recorte salarial dun 7 % para os funcionarios da Xunta, similar ao que o Goberno de Mariano Rajoy impuxo este ano aos traballadores de todas as Administracións públicas do Estado.
A noticia era hoxe comentada entre os funcionarios da Xunta, que durante esta xornada están participando nunha protesta solidaria doando sangue na Unidade Mobil do Centro de Transfusións aparcada na praza enfronte da Xunta, en Campolongo.
"Antes de que a Xunta nos chupe o sangue, regalámola", afirmaba un funcionario.