Poio enterra o Galo Fodorico pensando nunha semana máis de festa

Por Diego Torrado
Debía ser o penúltimo día do Entroido 2015, pero foi tan só o penúltimo sábado. Poio enterrou ao Galo Fodorico, habitual punto e final a un mes de festexos, pero o mal tempo obrigou a variar o calendario deste ano e aínda está pendente o desfile e enterro do Galo Bruxo, que se celebrará o próximo sábado 21 de marzo.
O cortexo fúnebre de Fodorico, un dos catro símbolos do Entroido que se enterra en Poio, saíu este sabado a praza do Mosteiro de San Xoán e foi incinerado na Praza de Arís. Entre un e outro punto, houbo choros de dor por ter que dicir adeus a tan insigne veciño, pero deseguida deron paso á festa e a alegría propias desta época do ano, que se ven incrementadas nun municipio con tanta tradicio nestas lides como Poio.
O usuario de máis idade do taller da memoria de Saudemente, Modesto Pazos, coñecido como O Chavo, foi un dos protagonistas da noite. A pesar dos seus 92 anos, prendeu lume ao galo previamente confeccionado polos alumnos dos colexios do municipio.
As asociacións culturais Todos contra o lume (Arís) e Ronsel (Sartal) aproveitaron para celebrar a cuarta edición da Festa do Choqueiro cun concurso, con comida típica e amenización musical co Dúo Prisma e a actuación dun DJ.
Enterro do Galo Fodorico en Poio
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
Parecía que non remataba, pero o enterro do Galo Fodorico pon fin ao Entroido 2016
Por Diego Torrado |
-
O enterro do Galo Bruxo pecha o entroido máis longo dos últimos anos
Por Diego Torrado |
-
Animado desfile de entroido en Poio
Por Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Os enterros do Bruxo, Mexillón, Berberecho e Fodorico prolongan un mes o Entroido de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
A queima do galo Fodorico pecha o Entroido en Poio
Por Redacción |