O enterro do Galo Bruxo pecha o entroido máis longo dos últimos anos

Por Diego Torrado
Un mes despois do seu inicio o entroido máis longo que se recorda puxo o seu broche final en Samieira co Enterro do Galo Bruxo.
Numerosos veciños participaron nun desfile que partiu da praza de Amalita, en Arén, para finalizar en Río de Bois.
Ademais do loito, varias comparsas e grupos acompañaron os festexos aproveitando o bo clima.
O único problema na celebración foi o intenso vento, que obrigou a realizar a queima do Galo Bruxo no campo de fútbol.
Tras o desfile iniciouse en Samieira la Festa da Filloa.
Enterro do Galo Bruxo en Samieira
Samieira puxo fin ao entroido co desfile en honra o Galo Bruxo
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
Poio enterra o Galo Fodorico pensando nunha semana máis de festa
Por Diego Torrado |
-
Animado desfile de entroido en Poio
Por Diego Torrado | Creada e actualizada