Medio Ambiente licita as obras da rede de sumidoiros nos lugares de Pereiro e Cadrelo en Marín
Por Redacción
Augas de Galicia licitou o contrato de obra pública para iniciar no mes de abril as obras de saneamento de Pereiro - O Pozo na parroquia de Santo Tomé de Piñeiro no Concello de Marín. Non se trata da única obra, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licita tamén as obras de saneamento de Pereiro - Cadrelo por unha cantidade de 530.000 euros.
Estas actuacións están recollidas no convenio asinado en 2010 entre a Xunta e o Concello de Marín, pola que se desenvolven varias infraestruturas hidráulicas no rural e do que xa se executaron actuacións por máis de 1,5 millóns de euros.
Na área do Pereiro executarase un colector cunha lonxitude de case 300 metros, que é a prolongación da rede Pereiro - O Pozo e tres ramais. Na Área de Cadrelo execútanse dous novos ramais cunha lonxitude de 530 metros e unha estación de bombeo e unha impulsión.
A estación de bombeo construirase en formigón armado. Estará dotada con dúas bombas mergulladas cunha cámara de válvulas.
Por outra banda, as obras da rede de rede de sumidoiros en Pereiro - O Pozo terán un importe de 522.000 euros e serán executadas pola empresa Sevitec Medioambiente para que inicie os traballos a partir de abril. As obras consisten na instalación de case un quilómetro de colectores por gravidade e dous bombeos.
Relacionadas:
-
Inician as obras de saneamento en Cadrelo e Pereiro (Santomé de Piñeiro)
Por Redacción |
-
Esta semana comezan as obras de saneamento de Pereiro-O Pozo, no concello de Marín
Por Redacción |
-
As obras da rede de sumidoiros en Pereiro-O Pozo comezarán en abril
Por Redacción |
-
Ethel Vázquez anuncia, sen fixar data, a posta en marcha do plan de saneamento da Ría de Pontevedra
Por Redacción |