Unha estrela "cultural e reivindicativa" para dar a benvida ao Concello
Por Redacción
O Concello de Pontevedra recibe o Nadal este ano cunha gran estrela cultural ás portas do Consistorio, na rúa Michelena, 30. Pero non é unha estrela calquera. A decoración de Nadal do Concello consiste nunha gran estrela, realizada cos libros do Banco de Libros de Redeaxuda que non son reutilizables para o vindeiro curso.
Esta decoración e estrela navideña tamén pretende ser un punto de atención e crítica á Xunta "polo despilfarro dos libros de texto ao non ter un bo marco lexislativo que evite a non reutilización dos libros ano tras ano, ata esgotar a súa vida útil".