Os veciños maniféstanse para amosar o seu rexeitamento ao crematorio da Reigosa
Por Redacción
Os veciños de Ponte Caldelas sairán á rúa este sábado 4 de abril para manifestar o seu rexeitamento ao proxecto xa aprobado polo Concello para construir un crematorio no polígono industrial da Reigosa. A protesta será ás 11.30 horas no centro de Caldelas e contará co apoio do PSdeG-PSOE, que lembra o seu apoio e compromiso cos veciños.
O voceiro dos socialistas, Andrés Díaz, indicou a través dun comunicado que el e o seu equipo son conscientes das posibilidades de gañar as eleccións municipais do próximo 24 de maio, de modo que insisten no seu compromiso cos veciños da Reigosa e Baltar e cos pobos lindantes en contra do crematorio e aseguran que esta actitude "non será só estando na oposición", senón que se chegan ao Goberno tomarán todas as accións legais necesarias para evitar a súa construción "aínda que iso supoña rematar nun proceso xudicial".
Os socialistas critican unha vez máis a "lamentable" actuación de Perfecto Rodríguez, "ocultando" información ao pobo ata que tivo a licenza concedida a intención de construír un crematorio no polígono da Reigosa e posteriormente "mentindo" aos veciños da Reigosa e Baltar, dicíndolles que non podía negalo a licenza cando en toda España hai numerosos municipios onde se lles denegou a licenza de construción dun crematorio nun polígono industrial, como Valle de Mera (Burgos), Alonsotegi (País Vasco), Medina del Campo ou Miranda. Este "engano" continuou, segundo a súa opinión, cando intentou convencer aos veciños de que un crematorio é inocuo.
Ademais, engaden que "todo parece indicar" que un segundo proxecto dun tanatorio na parcela pegada onde queren construír o crematorio "pode ter moito" que ver no xeito de actuar do alcalde, Perfecto Rodríguez, "ocultando, mentindo e finalmente tratando de enganar os veciños".
Relacionadas:
-
A imaxe repítese: segundo sábado de protestas contra o crematorio da Reigosa
Por Redacción |
-
A Reigosa prepara mobilizacións e denuncias contra a instalación do crematorio
Por Oskar Viéitez |
-
Perfecto Rodríguez convoca ós veciños para informar do crematorio da Reigosa
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE pide aos veciños de Ponte Caldelas que loiten contra a "tramitación franquista" dun crematorio
Por Redacción |
-
A Reigosa aproba mobilizacións contra a instalación dun crematorio no polígono
Por Redacción |
-
O PSOE de Ponte Caldelas critica o "ocultismo" do goberno local por aprobar un crematorio na Reigosa
Por Oskar Viéitez |