Os veciños de Mourente demandan á Xunta melloras na estrada que enlaza con Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez
O presidente da asociación de veciños da parroquia de Mourente da cidade do Lérez, Eulogio Sartier, mantivo unha reunión este mércores co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a quen lle transmitiu a necesidade de varias melloras na estrada PO-532, que enlaza a capital con Ponte Caldelas.
Na reunión, solicitada pola asociación de veciños, Sartier solicitou a Cores Tourís que visitara a parroquia nos próximos días para coñecer a situación desta estrada que é de competencia autonómica, "xa que necesitaríamos que se repintaran tres pasos de cebra na zona máis urbana e que se instalara tamén unha sinal de aviso para os vehículos de cara a que rebaixen a velocidade xunto ao final da estrada".
Segundo explicou o presidente desta asociación, neste punto, xunto a rotonda de Juan Carlos I, existe xa un paso de peón que da servizo a unha escola infantil. Actualmente xa conta cunha sinal de perigo "pero sería necesario colocar outra similar na parte máis alta da estrada para que os coches baixen a menos velocidade e garantir así a seguridade viaria".
A maiores, Eulogio Sartier tamén solicitou que se leven a cabo melloras no asfaltado nalgún punto deste tramo da estrada.
Relacionadas:
-
Denuncian o abandono da zona da Peralba na parroquia de Marcón
Por Redacción |
-
Licitan varias obras nas estradas Pontevedra-Ponte Caldelas e Ponte Bora-O Pino
Por Redacción |
-
O saneamento en Mourente e Bora, pendente das obras de Fomento na N-541
Por Alejandro Espiño |
-
Jacobo Moreira cualifica de "electoralista" o proxecto de reforma dos Campos, en Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O vial dos Campos, en Monte Porreiro, será reparado e contará cunha senda peonil
Por Redacción |