Crean unha liga de petanca na cidade
Por Redacción
Facer o deporte accesible a todos cunha modalidade na que "non hai fiferenzas nin de sexo nin de idade", asegura Fernando Viéitez, representante de Amigos de Campolongo.
O seu equipo é un dos seis inscritos na primeira liga de petanca de Pontevedra, que toma a testemuña do campionato interparroquial organizado o pasado ano.
72 xogadores participarán en cada unha das dez xornadas previstas, sempre en tarde de sábado empezando o 11 de abril e finalizando o 13 de xuño.
Ademais de Amigos de Campolongo participarán na liga San Andrés de Xeve, O Mirador de Monte Porreiro, Asociación de Veciños O Carballo de Mourente, Centro Social Pontevedra e O Pote de Mourente.
Acompañando a presentación do campionato, celebrada no Concello de Pontevedra, déronse a coñecer os plans de instalar dúas novas pistas de petanca en Campolongo e Alameda, que se unen ás xa existentes ao aire libre e tamén baixo teito, neste caso nos Campos.