Mourente despide á concelleira Carlota Román
Por Redacción
A Orde do Caldo de Mourente, os organizadores da festa, así como a Federación Provincial de Comercio de Pontevedra (FPCP), renderán unha homenaxe á concelleira de Pontevedra, Carlota Román.
O próximo sábado día 11 de abril entregarán á responsable municipal de turismo e comercio o diploma da festa do caldo coa súa medalla correspondente, e a FPCP entregáselle o diploma con medalla de ouro, en recoñecemento a estes 4 anos que leva á fronte da concellaría.
"O traballo e entrega de Carlota no turismo e no comercio notouse nestes 4 anos, xa que se esforzou en traer a Pontevedra o maior número de turismo, organizando pasarelas de moda, feiras e calquera outra actividade turística e de apoio ao comercio," destacan na convocatoria.
O acto será na Asociacion de veciños "O Castro de Mourente" ás 22:00 horas e organízase tamén como unha despedida, aínda que Carlota figura na lista dos PSOE ás próximas eleccións non concorre en postos principais polo que se presume a súa saída da corporación.
Relacionadas:
-
A Festa do Caldo de Mourente supera os primeiros trámites para ser declarada de interese turístico
Por Redacción |
-
O bo tempo anima a milleiros de pontevedreses a degustar o caldo de Mourente
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Festa do Caldo de Mourente quere ser recoñecida como Festa de interese turístico de Galicia
Por Redacción |