Primeiro paso para a recuperación patrimonial e paisaxística dos Baños de San Xusto
Por Redacción
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras adxudicou á veciña de Cotobade Cristina García Fontán a redacción do proxecto de recuperación patrimonial, etnográfica e paisaxística dos Baños de San Xusto, en Cotobade. ÿ o primeiro paso para poner en valor unha zona situada na marxe esquerda do río Lérez con augas termais empregadas polos vecinos dende tempos inmemoriais.
Segundo informou o alcalde, Jorge Cubela, a conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, xa anunciara a licitación da redacción deste proxecto na súa visita ao municipio o pasado mes de marzo, na que sinalou que se trata dunha "zona cargada de historia e de elementos de gran valor arquitectónico e paisaxístico, como o balneario de San Xusto e a zona das bañeiras, as fontes de auga, catro muíños e os seus canais de auga, camiños históricos, a ponte romana, medieval e o camiño empedrado a Fentáns".
A adxudicación definitiva da redacción destes traballos forma parte das actuacións do Plan Hurbe 2014-2017 e é, segundo Jorge Cubela, "unha grandísima oportunidade para Cotobade". O alcalde lembra que esta foi unha das peticións que lle fixo ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, nunha reunión de traballo mantida no mes de novembro.
Cubela engade que para Cotobade isto supón "un paso de xigantes" para poder ter un documento técnico específico que poida permitir traballar sobre unha proposta viable, dende un punto de vista económico e medio ambiental.
Ademais, aplaude que o proxecto corra a cargo dun equipo técnico dirixido pola arquitecta Cristina Fraga Fontán, profesora na Universidade da Coruña e responsable dun estudo de arquitectura de Santiago que é natural de Cotobade e, polo tanto, "coñece perfectamente o territorio onde naceu e especialmente ten moi clara a idea de transformación que habería que implementar nos Baños do San Xusto".